Thursday, December 14, 2006

 

Ninguén me quererá tanto nunca.
Ninguén rouba do meu corpo a sorprendida resposta da primeira vez.
Cada día.
Como presta soñar na nostalxia das noites,
esas que sempre teñen lúa que ilumine a nosa cama.
E síntome perdida se a túa man non me guía,
así, podo pechar os ollos confiada,
sabendo que me levarás polo seguro camiño da rutina.
Coma eses bicos rutinarios que saben a novos.
Ninguén me quererá tanto nunca.
Coma ti ,
meu amor.

Comments:
Ninguén rouba... iso é certo. Todos tomamos prestado para amar...
saúde
e
bicos
 
creo que es cierto, no hay amor sin rutina.

lo bueno si breve dos veces bueno, y ya era hora oiga...
 
os que entenden o amor saben que a rutina é un dos seus elementos. Os que non o entenden sofren agardando un amor que non existe. Qué ledicia que esteas por aquí!
 
Aleluya!!! Fantástico.
Y una nota para Bandini: lo bueno si breve, dos veces malo
 
Precioso. Celebro su vuelta!
 
bonito o amor e a rutina. unha imaxe mui chula tamén. bicos soplados
 
Ai, o amor, o amor...

Construímos castelos metafísicos e sólidos navíos de cristal-swarovsky para navegar polas súas terras utópicas, gastadas e dunha estética kitch... E brincamos dende sórdidos escarceos -testemuñados na Terra Baldía- aos mitos do amor cortés degluídos (tralo discurso literario do Amor-Paixón) na cómoda ficción burguesa do amor individualista e de tempo limitado.
A verdade, prefiro outras fabulacións que condeden algo máis de xogo á orixinalidade...
 
os pelos de puntiña me puxeches, cenicienta do amor, proletaria de sensacións etéreas e máxicas
:-)
 
Satine, sempre tan sutil e contundente, xenial!!!.

Unha aperta e un beijo.
:)
 
Fermoso antídoto contra o virus da cotidianidade no amor...colgareino na porta da neveira
 
Hola, hemos agregado un trackback (enlace hacia este artículo) en el nuestro ya que nos pareció muy interesante la información detallada pero no quisimos copiarla, sino que nuestros lectores vengan directamente a la fuente. Gracias... data crédito consulta
 
Post a Comment

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?