Saturday, December 30, 2006

 

Le Temps Dètruit Tout


E sinto como se me escapa,
tan a modo, que apenas me dou conta.
Este mundo,
insensible mundo,
que non se detén nin un intre
para deixarnos tomar alento.
É o tempo que pasa, frenético,
do que se temos sorte,
compartimos algún anaco.


Thursday, December 14, 2006

 

Ninguén me quererá tanto nunca.
Ninguén rouba do meu corpo a sorprendida resposta da primeira vez.
Cada día.
Como presta soñar na nostalxia das noites,
esas que sempre teñen lúa que ilumine a nosa cama.
E síntome perdida se a túa man non me guía,
así, podo pechar os ollos confiada,
sabendo que me levarás polo seguro camiño da rutina.
Coma eses bicos rutinarios que saben a novos.
Ninguén me quererá tanto nunca.
Coma ti ,
meu amor.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?