Wednesday, September 27, 2006

 

Tempo de lavar


De novo brilla o asfalto baixo a choiva de iniciación. Auga purificante que o lava todo. As conciencias de cinza que esvaran entre os esqueletes de madeira asolados polo inferno. As terrazas quedan valeiras. As casas tamén. Auga que limpa o camiño dos amigos que regresan o traballo lonxe de nós, abandonándonos coa humidade que nos cala ata o corazón.
Auga para lavar os restos agónicos deste verán que se resiste a marchar.

Comments:
ansñio coma o suspiro que enche o peito isa auga purificadora, o verán jâ lâ vinha cheirando...alguns aínda temos que afundar nos pozos para posuir a cegadora pinga...
 
Mi querida Cenicienta, usté me cae bien, muy bien... pero la lluvia es un asco deprimente, corrosivo, sólo apta para suicidas, patatas y embalses. Te lo dice un niño que odiaba el colegio.
 
Lindo.Saludo!
 
Xa podía chover e chover hasta que as augas dos ríos chegaran o ceo e as troitas lle esmermeran os collos o mismisimo jesucristo
 
E cando a tes enriba da cabeza a maldices, ecando estas debaixo do sol a botas tanto de menos que pra un dia que chove eres capaz de sair a rua en pantalon curto
 
agua purificadora, agua eterna e que iguala a todos enchoupándonos coa sua aperta. Bendita a agua que che trae de volta!
 
Os amigos están mellor na súa casa...
e eu na túa...
 
Que bonito o contas!!!.Que alegría me da lerte de novo, non tardes en voltar...

Unha aperta guapa.
:)
 
Perdoade pola intromisiom:

O COLECTIVO LITERARIO SACOU (8 anos) está dando a conhecer a sua nova web, onde poderedes disfrutar de textos dos seus membros, historia e historias do colectivo, noticias culturais, revista cultural, libros, etc, etc...

O blog em questom é o seguinte:

www.sacou.blogspot.com
 
Auga, vento...elementos que limpan tamén as nosas conciencias abrasadas pola calor de pensamentos nos que por veces imos asfixiando.
Unha aperta
http://moralla.blogspot.com
 
saúdos lavados ;)
 
O verán sempre se resiste a marchar...
 
Esperemos que lave tamén a morriña que queda a o marchar.
Bicos.
 
mal número senon crece...
 
Que a chuvia nos escorregue pola face, polas costas, pola alma. É un pracer saudarte sen paraugas.
 
Que a chuvia nos escorregue pola face, polas costas, pola alma. É un pracer saudarte sen paraugas.
 
que curioso resulta leer ahora estos comentarios con tan sólo un mes de diferencia. le abrimos las puertas de nuestras casas y nos inundó la muy cabrona
 
Parece que tomaches unhas vacacións aínda máis longas que as miñas, eh, Satine?

Os lectores agardamos novas entradas na túa bitácora... que non todo pode ficar esluído pola chuvia (alomenos, non todo fora dos poemas de Uxío Novoneyra - 'NUN chover por siglos / todo foise esluíndo').
 
satine, volta que che botamos de menos!
 
Auga para limpar os bosques calcinados e que fai que se asuleguen as casas do noso pais. Auga bendita e maldita o mesmo tempo
 
Sempre gústoume ver a chuvia golpear sobre as fiestras, creo que poderia pasarme horas mirando atónita a chuvia,será unha parvada, pero ata paréceme moi romantica
 
Post a Comment

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?