Wednesday, September 27, 2006

 

Tempo de lavar


De novo brilla o asfalto baixo a choiva de iniciación. Auga purificante que o lava todo. As conciencias de cinza que esvaran entre os esqueletes de madeira asolados polo inferno. As terrazas quedan valeiras. As casas tamén. Auga que limpa o camiño dos amigos que regresan o traballo lonxe de nós, abandonándonos coa humidade que nos cala ata o corazón.
Auga para lavar os restos agónicos deste verán que se resiste a marchar.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?