Thursday, August 10, 2006

 

Grupo inmobiliario NovosMontes...presenta:

En NovosMontes queremos crear un fogar para vostede.

Paso Nº 1

Elexir o lugar axeitado. Un lugar con fermosa vexetación e un punto estratéxico nas nosas costas.






Paso Nº 2

Poñemos tódolos medios ó noso alcance para preparar o terreo de malas herbas... pinos, carballos, etc... todas esas árbores tan molestas para a nosa fin.





Paso Nº 3

Librámonos tamén de tódolos animais salvaxes que poñen en perigo o noso pracenteiro modo de vida, dígase por exemplo, ardillas, coellos, paxaros e demáis feras temibles que inundan os nosos montes.





Paso Nº 4

Así conseguimos o solar ideal para as novas vivendas do futuro.




Próxima construcción de pisos de luxo e vivendas unifamiliares na nova urbanización Vista Arrasada.
Promome inmobiliaria NovosMontes.


Comments:
O dos intereses inmobiliarios non o vexo eu tan claro... co cambio de lei non se pode construír nun terreo que sufriu un incendio... Iso si... se se cambia de goberno...
 
¿¿¡¡Qué non ves claro os intereses inmobiliarios!!?? A metade das promotoras deste país están controladas por xente afín ao PP. Son todos iguais: Promotores,Gobernantes Vingativos.
Eu cágome nas suas putas nais por queimar os nosos montes e despois(tan só non poden construir en cinco anos, así que este anos construirán en montes queimados hai cinco veráns)construir urbanizacións para madrileños.
Habería que restaurar a pena de morte para os que queiman os montes. Ou senón montar o Exercito Galego pola Defensa do Monte e sair a patrullar con escopetas e paos. Diooooooooooossssssss!!!!
 
A min o que realmente me chama a atención é a ubicación dos incendios. ¿Non son perfectos para un complexo de casiñas todas iguais?
 
Estas promotoras son un ínimigo máis que ten o monte. O malo é que non é o único.
 
É certo, o outro é o PP
 
buf... eu non sei que pensar, creo que son un cúmulo de intereses metidos nunha trama que a todo o mundo menos ás xentes de ben lle resulta rendible.
creo que vivimos no país da conspiración demasiado tempo e iso habémolo de pagar caro como non empecemos a ter máis amor polo noso
 
si, a pena de morte é uma medida paliativa e amedrantadora, anque nom se mate a ninguém...eu proponho que o castigo o ponham os afctados directos polos incendios, e a gemte que trabalhou arreo para apagalo...os intereses son muitos os perxudicados, sempre os mesmos...
 
estean ou non detrás do lume, ese tipo de negocios para poucos e problemas para moitos terían que ser botados cunha patada no cu da terra. E se son inocentes no tema dos incendios, non o son noutros desastres que xa podense ver.
 
...E porén, a lei prohíbe recalificar terreos queimados, ¡algunha trampa haberá!
 
Eu xa non sei que pensar...

Unha aperta.
:)
 
Penso que o das promotoras é bastante dudoso.

Xente de Medio Rural apunta cara aos grandes compradores de madeira de eucalipto: Ence, Finsa...

Explicacións: o eucalipto rexenérase tras o incendio (non arde) e crece con máis forza. Nos novos terreos baldios pódese plantar máis... eucalipto.
 
Yo llevo sólo un año viviendo en Galicia y quizá no sea el más idóneo para opinar. Pero seguramente sea una maldita conjunción entre intereses urbanísticos y madereros. La ley de montes dice que no se podrá edificar en terreno quemado pero si echáis la vista a algún otro lugar ya se están empezando a recalificar terrenos buscando subterfugios legales y todas esas cosas. Ya sabéis lo que dicen quien hizo la ley, hizo la trampa.
Un saludo
 
Francamente un post boísimo.
Acabo de descubrir este Blog, encántame!
Vives en Compostela?
 
na lei especifícanse tres categorías de "zonas verdes": non se pode urbanizar terreo forestal, pero o que ardeu non era tal...
 
Post a Comment

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?