Saturday, April 01, 2006
Era verán, as rúas rebosaban de cores vistosas e as terrazas formigueaban cada tarde, con obreiras que tomaban refrescos e cafés con xeo. Ti, sentado onda min, tomábasme da man e mentíasme con tenrura dicíndome canto me amabas.Eu deixábame enganar con alegría e mandabache bicos polo aire, entre os dedos. Ti atrapábalos todos e gardábalos nos petos do pantalón.
Hoxe amenceu en abril, e xa non sabes mentirme tan ben coma antes e eu non me deixo enganar tan alegremente.
Falta aínda moito para o verán e pregúntome se saberás render os bicos todos que gardastes.
Comments:
<< Home
Eu non sei se poderei seguir dicindo ate o verán "quérote".
Non sei se son mala cando gardo os bicos
Non sei se son mala cando gardo os bicos
a máis auténtica e talentosa satine está de volta!!! e canta alegría teño!!!!
Os bicos gardados sempre fican no seu lugar. Só e cuestión de procuralos de novo...
Os bicos gardados sempre fican no seu lugar. Só e cuestión de procuralos de novo...
De acordo con Marinha, como sempre. Di o mestre Sabina: "nadie sabe como le queman en la boca tantos besos que no ha dado..." Repartamos os bicos sen pudor nin aforro. Saúde.
Os bicos venhen e van como os sentimentos e os actos de amor. Hai veces que tenhen mais calidade e outras veces que non.
Se os bicos chegan a doer, a molestar ou a sonar a mentira e o momento de replantexar a situacion.
Un saudo.
Se os bicos chegan a doer, a molestar ou a sonar a mentira e o momento de replantexar a situacion.
Un saudo.
É tempo de primavera, de que florezan os corazós cheos de bicos, e os que non sepan facelo o millor é enterralos para que abonen un de novo...
Bicos a miles
Bicos a miles
Los años son unos cabrones. Es como cuando te preguntas qué habrá dentro de un cajón y luego lo abres para comprobarlo. No hay nada peor que conocer y nada mejor que imaginar..creo.
O acordo entre home e muller pode ser do máis complicado, xa que soemos buscar cousas distintas...
A mentira vai reptando en escea, atravesa lenemente a epiderme e súbenos á cabeza como un viño forte. É que as veces é o que queremos escoitar, anque saibamos que non é certo...
En fín, que somos un animal demasiado complicado. Co sinxelo que é renunciar á metafísica e limitarse ao disfrute epicúreo...

confieso que lo que mas echo de menos son esos besos nocturno-inconscientes que se dan aquellos que duermen juntos
Post a Comment
<< Home