Saturday, April 29, 2006

 

Ela escapaba coa mirada polo local, a todos lados menos a el, que agardaba paciente dándolle pequenos grolos a copa que tiña diante.
Despois de tanto tempo, xa non quedaba nada que dicir. Non había palabras inventadas que expresasen dabondo.
Xa só precisaban silencio.
Comidas silenciosas fronte o televisor.
O saúdo mudo de tódalas mañás.
Os berros silenciosos do sexo rutinario de sábado noite.

Xa só precisaban silencio.

E apretaban forte os beizos para non dicir aquelo que sentían.

Comments:
Iso son verdades como puños...
... fermosa foto.
 
Con tódalas cousas interesantes que podemos facer cos beizos...é moi triste empezar así un sábado de sol, lendo silencios que chocan contra outros silencios. Imos facer ruído Satine! Para comezar cantando unha canción que aprendiches de pequena e para seguir un berro, fortísimo e longo que rompa os silencios que flotan no aire e os que agochamos dentro...A de tres: 1, 2 e...3!!
 
eu tamén teño ganas hox de facer moito ruído.
non quero calar nunca
 
hai silencios que de tan silenciosos firen a alma coma unha explosión nos oidos. Apertas!
 
Ás veces non fai falla fala-los sentimentos. Pero ás veces si.s
 
O malo è cando o berro queda prendido dos beizos e de tan forte que berras non escoitas nada.
 
O silencio deriva habitualmente en obsesión ou delirio. Fagamos balbordo.
 
E lei de vida. Pensas que non che vai pasar a ti e pasache. Dende fora pode parecer un fracaso pero a parella esta totalmente compenetrada e non precisa mais.
 
uno de mis cantantes preferidos dice que el matrimonio es la tumba del amor. otro de mis cantantes preferidos dece que las flores que saldrán de mi cabeza algo darán de aroma..
 
La verdad es que algunas veces es mejor estar callado a pesar del daño que se pueda hacer.

Besotes
 
Post a Comment

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?