Saturday, March 25, 2006

 

De volta.

Boteime a durmir. Durante días. Durante meses. Durmía todo o tempo. De día, cos ollos abertos, andando polas rúas molladas camiño do traballo. Tomando café e fumando cigarros, tan mal vistos agora pola sociedade, pero que a min me fan sentir coma unha muller fatal. Unha muller que se cadra morra nova, pero que se ve interesante entre a neboa de nicotina e alquitrán.
E seguín a durmir. Co cerebro inerte para calquera actividade máis alá de soñar. Non fun quen de espertar. Ata hoxe. Hoxe que abrín os ollos de súpeto. E percateime de que o mundo seguiu xirando na miña ausencia. Non son imprescindible para o pasar dos días ¿ triste existencia? alivio instantaneo.
Aquí estou de novo, ben esperta, para compartir con vós tódolos soños desta pequena hibernación. Polo menos ata que peche os ollos de novo.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?