Friday, January 27, 2006

 
Ben, vou a entrar neste xogo no que txari e neno da norita tiveron a ben lembrarme, agardo que siga conservando o voso respeto despois do das manías:

Manía 1:

Encántame facer mesturas na cociña cando fago de xantar. Comezo a misturar alimentos ata que as veces o resultado é realmente incomestible, e despois botolle nomes coma se fosé de alta cociña.

Manía 2:

Teño a costumbre de falar seguido co meu gato coma se fose un neno pequeno. O pior é que se me escapa esté quen esté na casa e as veces teño pasado vergonza.
- ¿Quen che quere a ti meu pequeniño de mama?

Manía 3:

Non podo evitar mercar zapatos. En canto paso por unha zapatería enamórome profundamente do calzado e teño que mercalo. A colección é bastante extensa. O que máis me fastidia é que despois dunha tempada xa non me gustan e quedan abandonados.

Manía 4:

Outra manía moi fastidiosa, polo menos para o meu compañeiro, é que deixo sempre polo medio tódolos meus potingues. A mesa da sala pola noite, é coma unha perruquería con unha única cliente. O pior é, que quen acaba por recollelo sempre é el.

Manía 5:

E para rematar, quedo durmida en calquera sitio que me entra o sono. Nunha ocasión nos sofás da pista dunha discoteca, un pouco vergonzoso para os meus amigos, non podo evitalo.


en fin aquí os tedes:

From hell
Tom traubert
Bandini
Avogado do diaño
Chove en ningures.

Monday, January 16, 2006

 
Esperto de madrugada,
arrecendendo o frío entre os teus cabelos,
e agardo polo momento adecuado
no que sumerxirme na túa boca.
Un segundo de amor perfecto
.

Thursday, January 05, 2006

 
A plenitude do verán rebosábanos no corpo,
roubándonos bicos salgados cheos de calor de sol,
que nos rebentaban na boca mesturando os alentos
a sorbiños pequenos,
coma o café quente do almorzo.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?