Thursday, December 22, 2005

 
Susúrrame,
dimo no oído,
para que só poda escoitalo eu.
Fálame da vida que nos espera,
con tantas estradas que me describes,
en eses sitios que nos quedan por ver.
Pero baixiño,
que se funda co alento,
e non distinga as palabras.
Cóntame as historias que aprendestes
na miña ausencia,
como me extrañabas cando non me coñecías.
Susúrrame,
amodiño,
non deixes que esperte.

Comments:
satine, se tes alguén que che fale así, non o deixes ir! E que el non te deixe ir a ti, que escribes como un anxo!
Apertas!
 
Eres un SOL.
BeiJoS Guapa.
:)
 
Idesme a ruborizar e todo. Moitas gracias polas vosas palabras, sodes o verán nesta mañá de frio.
Mil bicos para vós.
 
mmmmm, así calquera se levanta da cama...
non comento moito no teu bló porque as tuas verbas sempre son para saborealas en silencio
Bicasos, apretas, e sorrisos.
 
lo rezaré todas las noches antes de dormir
 
unha aperta (suave, de fíos de ar)
 
Pensaba que entre namorados o mellor que se podía oír era o silencio... trabuqueime
 
Moi bien. Pero a mí me late que tiene un toque erótico de rilarse, mucho mejor
 
¿e separaranse os namoradas na Alba, como acontecía neses encantadores poemas medievais?
Ou pensamos tamén na escea da Celestina e o fuxitivo Calisto, que corre, inadvertido, cara a Morte -o tempo corre aínda máis rápido para os namorados:

CAL. __ Ya quiere amanecer. ¿Qué es esto? No me paresce que ha vna hora que estamos aquí, y da el relox las tres.
MELIB. __ Señor, por Dios, pues ya todo queda por ti, pues ya soy tu dueña, pues ya no puedes negar mi amor, no me niegues tu vista de día, passando por mi puerta; de noche donde tú ordenares. sea tu venida por este secreto lugar a la mesma ora, porque siempre te esperé apercebida del gozo con que quedo, esperando las venideras noches. y por el presente te ve con Dios, que no serás visto, que haze muy escuro, ni yo en casa sentida, que avn no amanesce.
 
ahi! as forzas dos susurros, dos marmurios sem confensar e quem se deija levar por estes!!! o amor sempre naçe dun susurro, da sottovoce do cuore
 
ás veces basta só cun susurro de aire, sen palabras, para entender.
 
A min tamén me gustan as palabras... sempre...
 
Logo quen che fale asi deberias de coidalo, e el a ti tamen para que lle escribas destas maneiras.

Biquiños.
 
Bom natal e marinheiro 2006!!!

-O capitam de Maré Aberta
 
smuac!
 
Que fermoso escribes. Unha aperta e Bo Nadal
 
Post a Comment

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?