Friday, December 09, 2005
O Xastre.
Era xa noite. O frío metíase nos osos da avoa que ía a recoller os ovos ó galiñeiro. Dentro, a cociña de ferro quentaba a estancia, alimentada continuamente por Socorro. Dous rachóns e unha pila de gasto para que prenda ben, e o caldo ferva mellor.
A televisión encendida para ninguén, para encher o silencio que as veces nos oprime.
Eu, sentabame a carón do lume para secar o cabelo. Fora chovía. Os cáns e gatos entraban mollados a tumbarse os meus pés.
Entón chegaba o xastre. A zamarra de coiro envolvéndoo e a boina negra tingida de pequenas gotiñas de auga brillante.
Xa chegou o jefe, di miña tía. E el sorría. Os ollos da cor do ceo no día de verán máis claro. Tan limpos.
E ceabamos todos xuntos a carón do lume, co telediario acompañandonos. Falando dos futuros enterros. Sempre había enterros. E despois todos xuntos, mirabamos os animais del Hombre y la tierra. El íame explicando todo. Son coma nós, dicía, son mellores ca nós. E eu críao.
Tódalas noites de inverno ceabamos xuntos. E no verán tamén de día, pois tarda tanto en chegar a noite e a mañá non espera.
Avó, ¿hasme de facer un columpio? E fixo para min o máis fermoso. El, coas súas mans. E eu xogaba sempre con el, aínda cando xa non me gustaba.
Sempre podíamos roubarlle un anaco o día polas tardes, e o voltar de apañar a herba, subíame no carro e imaxinaba ser unha princesa. A miña carroza de madeira. El tiraba dela e ría. Comigo, sempre comigo.
Agora xa podo lembrar así as nosas cousas. Quería esquecerte da ultima vez que che vin. Non había risas, nin columpios, nin carrozas.
Non quero volver a ver os teus ollos pechados. Que sei que me miras cada día da vida.
Xa é o segundo nadal sen ti, gardaremos coma sempre o teu sitio ó lado da cociña.
Avó añorote máis a cada día que pasa.

Comments:
<< Home
É moi lindo o que contas e o recordo que tes do teu avó, polo tanto, ahí está e agora despois de teres compartido esta historia quedará na lembranza de tódol@s que a lean.
Un Beijo.
:)
Un Beijo.
:)
hai poucas sensacións tan pracenteiras como estar sentados ao calor da cociña de lume, o tempo tórnase eterno.
eu tento gardar esa eternidade xunto a certos recordos, xunto a certas persoas que pasaron por min.
unha aperta, satine.

Este texto e demasiado fermoso para dicir calquera trivialidade e quedar ben...
a min gustaríame poder escribir algo tan fermoso e sincero sobre o meu avó... pero fáltanme palabras e sóbranme dolores.
Moi fermoso
saúde

é unha historia preciosa, satine.unha maneira moi fermosa de recordar.seguro que todos os días che mira e sorrí.
bicos
bicos
Alégrome inmensamente de telo compartido con vós. Costoume moito tempo poder falar del tan tranquilamente, pero o Xastre mereceo.
ay satine! trouxéchesme ao meu propio avó, Xoaquín, xa morto fai 15 anos pero non por iso menos recordado. Onde andará? en que ríos ou mares pescará agora, onde atopará tabaco para a súa pipa, quen interromperá os seus pensamentos tan silenciosos, tan afastados?
Este é un dos casos en que os sentimentos poden coas palabras. Non sei que dicir, pero, por respecto ao teu avó e aos meus, quería mandarche unha aperta.
Satine... meu avó tamén era xastre. Non cheguei a coñecelo, ainda que as veces non mo parece, tan vívido é a lembranza que meu pai e súas irmás fan del.
Unha aperta.
Unha aperta.
As veces coñecemos as persoas a través doutras persoas, estas teñen que facer un bo traballo a través das súas palabras para que poidamos chegar a querelas dende a distancia.
A miña avoa tamén morreu preto do Nadal... e sempre hai unha lembranza para ela nestas datas. Non fai falla describir o que me conmoveu o que escribiches. Gracias
Bonitas lembranzas do teu avo. Que as conserves sempre e que quedes co esas imaxes tan vivas e cheas de carinho.
Saudos.
Post a Comment
Saudos.
<< Home