Thursday, December 15, 2005

 
Esperta meu ben,
que recollín para ti tódolos bicos
que deixamos esquecidos na beira do camiño.
Erguinme cedo,
antes de que o sol me vira,
para traerchos todos no xersei
e derramalos na almofada.

Comments:
fermoso espertar, e se os acompanhas cos agarimos esquençidos na lavadora e um almorço na cama de eróticos menesteres,insuperábel!!!!
 
estaría ben espertar así...
 
Tereino en conta para o próximo día que me erga cedo.
 
Ideal para derreter a minha muller
;)
 
vou pedir ese bicos esquecidos na beira do camiño, maña cando esperte co dia... Graciñas pola idea pero sobre todo polas mil imaxens que vin paseando co teu poema, satine!!!
 
Perdoa unha pregunta. Os ollos que dicia tua avoa que che ian regalar os Reis Magos...non o entendo. Podes explicalo ?. Gracias.
 
Eu fixera o mesmo... pero cando voltaba para cama, decateime de que esquecera os bicos, mesmo esquecera a quen llos levaba. Ata me trabucara de casa.
 
Cousa linda, Satine. Espertas moitas sensacións con poucas palabras. Un saúdo.
 
Qué bonito. Recuérdame que te lo comente la próxima vez que nos veamos, a ver que te parece.

SALUDOS
 
Tiña que estar prohibido non espertar así, ainda que houbese que madrugar moito...
Un beijo de mañá.
:)
 
Como sigas escribiendo estas cosas tendré que dejar de visitar tu blog. Me entra una envidia brutal por los que pueden disfrutar de su pareja todos los dias.

Un besote.
 
Graciñas a todos polos vosos comentarios, sentan moi ben nestes días saturados de traballo.
A vostede señor Bandini lembrareille o de comentalo cando nos vexamos, agardo que non falte moito para eso que boto de menos a súa conversa, xa sabe que está convidado por estes lares cando queira coa súa sempre benvida familia.
Avogado, sinto de verdade lembrarche a quen non está contigo, agardo que desfrutes polo menos do nadal na súa compaña.
Acedre, o dos ollos quere dícir que non che regalan nada máis que as miradas de cada día que o final é o que conta. A min tamén me costou entendelo.

Bicos enormes a todos.
 
é moi bonito, un despertar precioso. eu tamén envexa;) coma o avogado.
bicosgrandes!
 
Gracias cariño, teño gañas de verte, papa noel xa pasou pola casa e deixou algo para ti.

Bicos enormísimos.
 
Que bonito traer os bicos no xersei...
 
Post a Comment

<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?